publicidade hoxe

Últimas horas para inscribirse en Vedra na viaxe a neve

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

Mañá martes, 20 de xaneiro, finaliza o prazo de inscrición para participar na viaxe á neve a San Isidro do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro. Para inscribirse é preciso chamar ao  981 814 691 ou mandar un mail a cultura@concellodevedra.com onde poderán recibir maior información.

Inauguración das rutas cicloturísticas polo Val do Ulla

Por outra banda, o Concello de Vedra inaugura as Rutas Cicloturísticas polo Val do Ulla que terán lugar o sábado 24 de xaneiro ás 16.00 h. A saída está prevista dende a Pista Polideportiva de Chao Redondo en San Xián de Sales. Esta primeira ruta ten un percorrido de 16 quilómetros. Para máis información e inscricións chamar ao 981 814 691 ou mandar un correo a casadospeons@concellodevedra.com

Xornadas arredor da Camelia

Tamén comeza en Vedra a programación das XX Xornadas arredor da Camelia cun concerto do coro Vox Stellae que terá lugar o domingo 25 de xaneiro, ás 18.00 h. na igrexa de Santa Baia de Vedra.

19 de xaneiro de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.