Tres xogadores do Santiago Futsal son convocados coa Selección Galega sub-19

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Daniel Quintela, Iago Otero e Ismael Vázquez, os tres xogadores xuvenís do Santiago Futsal, convocados coa Selección Galega sub-19 para disputar a fase previa do Campionato de España de Seleccións que se disputará en Esparragueira (Barcelona) de xoves a sábado.

Deste xeito, a Selección Galega sub-19 terá representación do Santiago Futsal, ao contar con tres xogadores no equipo autonómico e con dous técnicos; o seleccionador Mon Barreiro e o segundo adestrador Jorge Basanta.

A expedición galega, partirá esta noite con destino a Esparraguera, onde se adestrará o xoves pola tarde. O venres disputará o primeiro encontro do Campionato fronte á Selección de Cataluña, actual campión, e o sábado o segundo fronte á Selección de Aragón.

14 de xaneiro de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.