Treixadura presenta no Jofre o seu novo traballo discográfico “Vendima Tarda”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

O grupo folk Treixadura presenta o vindeiro sábado, día 31, o seu novo traballo discográfico “Vendima Tarda” no Teatro Jofre. Este concerto dará comezo ás 20:30 horas e forma parte da programación elaborada pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado.

Treixadura celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística cun emotivo concerto no que estarán acompañados pola coral Cantigas e Agarimos. O novo disco “Vendima Tarda” resume a súa extensa carreira musical e inclúe algunhas pezas inéditas. Esta agrupación composta por unha ducia de músico que proveñen de propostas musicais variadas ten en común o gusto e o respecto pola música tradicional.

28 de xaneiro de 2015 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.