Todo listo para que se celebre a V Gala do Comercio do Morrazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo ten xa todo preparado para que este Domingo día 11 de Xaneiro se celebre a quinta edición da Gala do Comercio do Morrazo, que cada ano se celebra nunha vila diferente da comarca. Este ano toca en Cangas e será no Auditorio Municipal ás 18:00h. Coma nos anos anteriores e entrada será libre e de balde ata completar o aforo, polo que recomendamos ao público que acuda con tempo para coller sitio.

A organización xa desvelara que o conductor da Gala será o recoñecido actor e director galego Quico Cadaval, quen dará paso ás diferentes partes do evento como a entrega dos chequescompra de 100 e 200 euros aos gañadores da Campaña de Nadal como ao agardado sorteo final dos premios de 1000 euros que se realizará en directo, solicitando algunhas mans inocentes do público. Eles arrancarán unha aplicación informática que seleccionará aos tres gañadores, un por Bueu, outro por Cangas e outro por Moaña.

Ademáis da presencia de Quico Cadaval, contarase coas actuacións musicais de Paula Madero, unha xoven cantante viguesa cunha voz prodixiosa, que provén de familia de artistas e xa percorreu os escenarios de Galicia dende que ten 15 anos. Ven decidida a impresionar ao público morracense con cancións do panorama internacional e mesmo cun tema de composición propia. Será unha tarde chea de humor, música e tamén moita emoción para os premiados e todos os comerciantes que durante as datas de Nadal chegaron a repartir máis de 6000€ en premios aos seus clientes.

Lembramos que os que teñan no seu haber algún código da campaña deberán introducilo nesta páxina web antes do xoves día 8 ás 23:59 horas. Ata hoxe rexistráronse preto de 40.000 códigos no sistema e a páxina web www.compranomorrazo.com seguirá a recibir visitas.

7 de xaneiro de 2015 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.