publicidade hoxe

Telefónica levará fibra óptica a máis de 8.000 fogares e empresas de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Máis de 8.000 fogares e empresas de Marín poderán acceder nos próximos meses á fibra óptica ata o fogar ou FTTH, a tecnoloxía de datos máis avanzada do mercado.

Así llo comunicou hoxe o responsable de Administracións Locais de Telefónica en Galicia, Roberto Vázquez, á alcaldesa de Marín, María Ramallo, e aos concelleiros de Urbanismo e Novas Tecnoloxías, Manuel Santos e José Ramiro, respectivamente, durante unha reunión mantida na Alcaldía, e na que lles trasladou os plans da Compañía no municipio.

O despregamento da nova rede en Marín dará comezo o próximo mes de abril e estenderase a máis de 8.000 unidades inmobiliarias que poderán gozar de velocidades de 100 megas e dispoñer dos servizos como contidos audiovisuais en alta definición, videoxogos de última xeración, capacidade para conectar varios dispositivos á vez sen perda de velocidade nin calidade, etc. Ademais da súa alta capacidade e calidade de transmisión -o sinal é inmune ás interferencias externas e ás inclemencias meteorolóxicas-, a FTTH destaca tamén por ofrecer maior seguridade.

Vázquez e Ramallo acordaron tamén establecer mecanismos de coordinacion entre Telefónica e o Concello para que os traballos de instalación molesten o menos posible aos cidadáns. Neste sentido, Telefónica dará prioridade ao despregamento a través das conducións xa existentes para reducir así ao máximo as obras a pé de rúa.

Esforzo investidor en Galicia

O despregamento de FTTH en Marín forma parte do importante esforzo investidor que a Compañía está a levar a cabo en Galicia nos últimos anos para dotar a comunidade de infraestruturas de última xeración.

Telefónica levou xa fibra óptica ata o fogar a máis de 284.600 vivendas e zonas industriais de toda Galicia e prevese que a finais deste ano se supere a cifra de 504.800 unidades inmobiliarías conectadas a esta nova rede.

No que respecta ás comunicacións móbiles, a Compañía investirá este ano na comunidade máis de 16 millóns de euros para dotar, entre outros avances, de cobertura de banda ancha ultra rápida móbil con 4 G ao 87% dos galegos.

15 de xaneiro de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.