Támara Echegooyen e Berta Betanzos non acadan bos resultados no Campionato Norteamericano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+

O medallista olímpico Fernando Echávarri xunto á canaria Tara Pacheco obtiveron unha excelente quinta praza no Norteamericano de Nacra 17 que se celebrou en Miami do 17 ao 19 de Xaneiro.

Na súa primeira competición conxunta tras soamente tres meses de preparación superaron de sobra todas as expectativas, coándose no quinto posto dunha frota de 37 embarcacións.

Tras o seu paso pola clase Star, na que estivo moi preto de clasificarse para os XX.OO de Londres 2012; e ser adestrador de diferentes equipos da nova clase olímpica Nacra 17, Fernando decidiu volver á alta competición en Outubro de 2014 cun obxectivo claro que é conseguir unha medalla nos XX.OO de Río 2016.

Fernando está contento co rendemento pero moi consciente de que aínda teñen que traballar duro e mellorar moito para estar na cita olímpica de Río 2016, tal e como comenta dende o outro lado do Atlántico “Pois cousas boas pero moito por mellorar, o resultado a verdade non pode ser realista porque nos faltaba velocidade, pero en xeral moi contentos, acabamos de empezar”.

Campionato Norteamericano, preparatorio para a World Cup Miami

Neste Campionato Norteamericano houbo máis participación galega con resultados diversos.

En 49 er FX, Támara Echegooyen xunto á cántabra Berta Betanzos non tiveron uns bos resultados pero sen dúbida non están máis que preparando a longa tempada que lles espera.

En 49er, Carlos e Antón Paz non participaron no Norteamericano pero xa se encontran en Miami para preparar a súa primeira cita, a World Cup Miami 2015.

Tamén en 49er, o regatista do RCN Portosín que si participou foi, Iago López que navega como tripulante do cántabro Diego Botín dende hai 2 meses. Despois do seu debut como parella na Christmas Race en Palamós, Iago e Diego seguen adaptándose e conseguiron rematar na 11ª posición da esixente frota internacional con 33 tripulacións na liña de saída.

22 de xaneiro de 2015 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.