Tajuelo lidera o Trofeo Sande Viral
O sábado disputouse a segunda xornada do Trofeo Sande Vidal. Puidéronse realizar as dúas probas progammadas, a pesar das adversas condicións metereolóxicas, grazas ao adianto do horario previsto que era ás 3 da tarde, pasándoo ás 12.
O vento de dirección Sur variou a súa intensidade entre 15 e 10 nudos. Na primeira proba estivo entorno aos 15 nós e foi baixando ata os 12. Nesta proba tomou a dianteira o Sapoconcho de Rilo que mantivo todo o primeiro triángulo, pero na segunda cinguida toma a dianteira o Lieiro de Tajuelo e mantense na cabeza ata o final.
Na segunda xa con menos vento volve tomar a dianteira Rilo seguido de Tajuelo e o Xacarandaina, que manteñen as posicións no primeiro longo, pero no segundo Rilo e Tajuelo vanse a barlovento e permiten que o Xacarandaina poña sotavento remonte e peche o triángulo en primeira posición. Na segunda cinguida o Lieiro pasa ao Xacarandaina e ponse na cabeza, na boia de sotavento monta o Lieiro con certa vantaxe , e o Sapoconcho bótase enriba do Xacarandaina e aproveita dunha mala manobra deste para pasalo e empezar a atacar o Lieiro de modo que na mesma liña de chegada o alcanza e pasa culminando así unha gran xornada.
Resultados
Proba 3ª
1º Lieiro: Fernado Tajuelo- Ignacio Allegue
2º Sapoconcho: Jose Rilo-Elena Fernandez
3º Xacarandaina: Diego Lopez-Luis Saenz
Proba 4ª
1º Sapoconcho
2º Lieiro
3º Xacarandaina
A vindeira cita será o sábado 28 de xaneiro.











