publicidade hoxe

Sober dedícalle a XXXV Feira do Viño de Amandi ao Concello de A Teixeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA TeixeiraLocal PortadaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, presidiu esta tarde a primeira reunión preparatoria da XXXV Feira do Viño de Amandi, que este ano se vai celebrar os días 28 e 29 de marzo. Tal e como explicou o alcalde, a xuntanza celebrouse como unha primeira toma de contacto cos adegueiros de cara a perfilar os actos do ‘Mes do Amandi’, previos á celebración da feira. Está previsto que participen preto de 25 colleiteiros, como vén sendo habitual.

Fernández Guitián avanzou que este ano a XXXV Feira do Viño de Amandi se lle vai dedicar ao Concello ourensá de A Teixeira. A inauguración correrá a cargo da adega soberina de Malcavada en homenaxe ao seu fundador Antonio Vázquez, falecido recentemente.

Mes do Amandi

Entre as actividades organizadas no marco do Mes do Amandi, o rexedor recordou a apertura ata o día dez de febreiro do prazo para anotarse ao concurso do que sairá o cartel anunciador da feira. Anunciou ademais un concurso de deseño dunha pegatina entre os escolares da localidade.

A maiores, o Concello de Sober participará nunha nova edición de Xantar, en Expourense, entre o 4 e o 8 de marzo para promocionar a feira. Tamén se prevé a organización dunha xornada de maridaxe de viño de Amandi con Merluza do pincho de Celeiro en colaboración coa Confraría de Celeiro e a Escola de Hostalería de Rosende.

O Goberno local incluirá nos actos do ‘Mes do Amandi’ algunha cata comentada, así como unha xornada organizada en colaboración coa Estación de Enoloxía e viticultura de Galicia baixo o nome Estratexias de Marketing no viño. Algunhas claves para vender mellor.

19 de xaneiro de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.