Silvia Penide ofrece un concerto no Café Universal
A cantautora coruñesa Silvia Penide continuará este ano presentando o seu último traballo Animal de compañía e este domingo 25 de xaneiro, será a encargada de poñer a guinda ao ciclo de concertos Pequeno & Xeitoso.
Un quinto traballo no que a artista comparte experiencias en forma de cancións que nos fan sorrír, pensar ou simplemente deixarse levar.
Ás 21:30h, no Café Universal. As entradas pódense mercar no Universal a un prezo de 6€.











