Sergio Vallejo será o novo deportista galego homenaxeado en Sar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O piloto lugués Sergio Vallejo, bicampeón de España de Rallys estará este sábado no palco presidencial do Fontes do Sar para animar o Rio Natura Monbus Obradoiro ante o Morabanc Andorra (20.00 horas – non televisado). Con el estará tamén o seu irmán e copiloto Diego, co que comparte gran parte dos seus éxitos.

Os deportistas, con 30 anos en activo ás súas costas, serán homanaxeados na pista do Fontes do Sar minutos antes de dar comezo o encontro. Co patrocinio de Rio Natura e de Star Center no seu vehículo, os irmáns son os vixentes campións de España de Rallys, título que tamén obtiveron no 2009, ademais de senllos subcampionatos en 2003 e 2008.

Logo dará comezo outro espectáculo na pista do Fontes do Sar: a cita contra o Morabanc Andorra, que poñerá fin á primeira volta dos santiagueses como locais. O encontro, incluído como regalo no Aboamento de Segunda Volta, será especial tamén para os asistentes ao anterior partido na casa contra o F.C. Barcelona, que presentando a súa entrada ou carné en oficinas poderán comprar pases a 9 euros.

Os prezos xerais das entradas para este partido son de 19 euros en Tribunas 2 e Fondos, 24 euros en Tribunas 1 e 29 euros en Tribunas Retráctiles. Terán prezos reducidos os menores de 18, estudantes menores de 25, maiores de 65 ou desempregados e federados do ámbito do baloncesto, que acreditando a súa condición poderán comprar entradas a 19 euros en Tribunas 1 ou 15 euros en Tribunas 2 e Fondos.

8 de xaneiro de 2015 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.