Santiago Villanueva non descarta novidades no caso do home de Vigo que abusou da súa muller e filla

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+
Europa Press

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, indicou que, “de momento”, non ten máis datos relativos ao caso do home de Vigo que está en prisión acusado de reter, ameazar e abusar sexualmente da súa muller e a súa filla, pero engadiu que non descarta “que os haxa no futuro”.

Durante unha visita á oficina de control de caudal da Confederación Hidrográfica Miño-Sil na cidade de Ourense, Villanueva recordou que a detención se debeu a unha actuación policial “como consecuencia da colaboración cidadá, e hai que resaltar sempre a necesidade desta colaboración”.

O detido, Henrio H., está en prisión comunicada e sen fianza dende o xoves imputado polos delitos de quebrantamento dunha medida preventiva, violación de morada, ameazas, agresións sexuais e detención ilegal da súa muller e a súa filla menor de idade.

O xulgado de Vigo xa tomou declaración ao imputado e ás súas dúas vítimas ao longo do pasado xoves e, segundo fontes próximas á causa consultadas, estase a investigar a posible participación doutras persoas que poderían ser cómplices.

23 de xaneiro de 2015 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.