Santi Valladares: “Todos os partidos contra Magna Navarra son partidos de goles, de intensidade e de ritmo”
O adestrador do Santiago Futsal, Santi Valladares, compareceu ante os medios de comunicación esta mañá para analizar o encontro deste domingo no que o Santiago Futsal se medirá a Magna Navarra (Multiúsos Fontes do Sar, 11.45 h)
O técnico destacou a solidez do seu rival na pista “Magna Navarra ten un equipo moi ben montado e traballado, e todos se coñecen de hai moitos anos. É un equipo moi intenso durante os 40 minutos de partido, con bos xogadores de 1 x 1 e, teñen a Jesulito e Carlitos que son os seus xogadores máis determinantes. “
Valladares preveé un encontro de grande intensidade e moi atractivo entre ambos os dous conxuntos “todos os partidos contra Magna Navarra son partidos de goles, de intensidade e de ritmo. En definitiva, son partidos moi entretidos e nós temos que intentar continuar co refacho positivo e ser capaces de empezar sumando o 2015. “
Neste primeiro encontro do ano, e primeiro tamén da segunda volta, os de Santiago buscarán comezar o 2015 sumando os 3 puntos e consolidar así o bo refacho de resultados. Así os destaca Valladares “Fómonos de vacacións coas últimas 3 vitorias e a verdade é que o equipo volve con máis ganas. Estamos nunha boa dinámica e na segunda volta temos que seguir cos mesmo obxectivos pero con máis ambición e adquirindo máis regularidade. E se os resultados se van dando, obtar a algo máis pero sempre cos pés no chan. “











