Santi Valladares foi nomeado como adestrador máis destacado de Santiago

Santi Valladares
O clube Santiago Futsal está de noraboa. O seu adestrador, Santi Valladares acadou está mañá o premio ao adestrador máis destacado de Santiago de Compostela. O galardón, outorgado polo Concello de Santiago, recoñece o traballo do adestrador no clube compostelán.
O premio será entregado na II Gala do Deporte de Santiago de Compostela que terá lugar o día 10 de Febrero no Auditorio de Galicia.











