Salvaterra presenta as novas accións formativas
A cámara de Comercio e o Concello de Salvaterra de Miño veñen de presentar os novas accións formativas para o primerio semestre do ano 2015.
Debido a gran demanda que existe no municipio hai cursos que se volven a repetir, como poden ser o de manipulador de alimentos, o de inglés, informática ou curso de operador de carretilla elevadora.
Ademais de estes cursos que case sempre son fixos na programación de accións formativas que se levan a cabo este ano preséntanse algunas novidades debido a crecente demanda:
Fotografía e Retoque dixital, seminarios de alérgenos e de búsqueda de emprego, Francés Básico, Curso de Hostelería (elaboración de pan artesanal, empanadas), curso de profesional pulpeiro, fitosanitarios, personal shopper e decoración de escaparates.
En total 13 cursos e seminarios que se estenderán ao longo deste primeiro semestre do ano 2015.











