Rexístrase ata un metro de neve nalgúns puntos da montaña de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press
Quitaneves traballando na montaña de Lugo

Quitaneves traballando na montaña de Lugo

A montaña de Lugo rexistra este luns ata un metro de neve nalgúns puntos, sendo as zonas máis afectadas as do Courel, Pedrafita do Cebreiro e A Fonsagrada. Por iso, a Deputación de Lugo emprega 70 operarios e 40 maquinas para quitar a neve nas zonas máis afectadas que se concentran na montaña de Lugo, como son O Courel, Pedrafita e A Fonsagrada.

O deputado de obras, Manuel Martínez, concretou que son oito as estradas provinciais as que permanecen pechadas ao tráfico, aínda que confía que “ao mediodía estean todas despexadas”.

Ademais, asegurou que hai “mantos de ata un metro de neve” sobre todo no Courel, Pedrafita e A Fonsagrada. Por iso, aconsella a xente que “non saia se non é imprescindible”.

En Pedrafita do Cebreiro, o seu alcalde, José Luís Raposo, confirmou que durante a noite “nevou un montón” e calcula unha “media” de “entre corenta e cincuenta centímetros de neve, nalgunha zona”.

“Pola mañá estaban intransitables todas as estradas do concello, algún todoterreno podía pasar pero estaban intransitables. Agora circúlase por parte delas, aínda que no Alto de Rubiás está pechada”, abundou.

19 de xaneiro de 2015 | 11:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.