Retómase o ciclo de cine “Mos coa Butaca” como iniciativa central do programa “Noites Vivas 2015”
A concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Kely Monzón inicia un novo ciclo de cine “Mos coa Butaca” dentro do programa “Noites Vivas 2015”. Hoxe presentou a proposta de actividades para os meses de xaneiro, febreiro e marzo, que consistirá na continuación das xornadas cinematográficas iniciadas no último trimestre do ano 2014. As proxeccións das películas desenvolveranse nas instalacións do Centro Dotacional de Torroso.
Segundo informou esta mañá a propia concelleira responsable desta iniciativa, Kely Monzón, os obxectivos da mesma son “promover un ocio nocturno saudable na xuventude do municipio de Mos, ofertar actividades de ocio nocturno atractivas e asequibles para a xuventude mosense, habililitar horarios nocturnos en espazos municipais, motivar ós nosos xoves para un mellor uso do seu tempo de lecer, evitar o estilo de ocio actual baseado no consumo de alcohol e outras sustancias nocivas para a saúde e o correcto desenrolo persoal, crear novos espazos de socialización e divertimento, impulsar o concepto de ‘Concello saudable’ a través do ocio nocturno colectivo programado e promover a calidade de vida da xente nova”.
Os beneficiarios e beneficiarias directos deste programa son os mozos e mozas entre 14 e 35 anos do municipio de Mos. Indirectamente tamén está dirixido a todos os xoves entre estas idades doutros municipios e que estean interesados nesta programación, así como o entorno familiar dos mozos e mozas e toda a comunidade do municipio.
A actividade consistirá na reprodución de diferentes filmes o último fin de semana dos meses de xaneiro, febreiro e marzo.
O primeiro filme será “Tres bodas de más” o vindeiro sábado, 31 de xaneiro, ás 22.00 horas. O segundo filme será “El lobo deW all Street” á mesma hora o día 28 de febreiro. E, por último, a película do mes de marzo, “Doce años de esclavitud”, proxectarase tamén ó día 28 e novamente ás 22.00 horas.











