Restaurante “Mariño” logra o recoñecemento como profesionais que máis destacaron na potenciación da Cociña Galegaa

Reunión do xurado
Benigno Campos e Javier Mariño Rois de Restaurante “Mariño” conseguiron o recoñecemento como profesionais que máis destacaron na potenciación da Cociña Galega dentro e fóra de Galicia “Estrella Galicia” foi recoñecida pola súa contribución á potenciación da gastronomía galega e dos produtos gastronómicos Ademais fallouse unha nova categoría, a de pequeno produtor, que este ano recaeu en Leite O Alle
Purificación López Rosende, de Marisquería Ríos de A Coruña (A Coruña); María Estrella Ares Bermúdez, de Restaurante “Galicia” de Baamonde (Lugo); Elena Crespo Fernández, de Restaurante “Cuatro Caminos” de Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense) e Nieves Ucha Caramés de Restaurante Corinto de Lérez (Pontevedra) gañaron os XXI Premios de Gastronomía de Galicia na modalidade “Toda unha vida dedicada á Gastronomía Galega” que se outorga ás persoas cunha dedicación especial destacada na Cociña en cada unha das provincias galegas.
Benigno Campos Melón recibiu o Premio ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da Cociña Galega en Galicia e Javier Mariño Rois de Restaurante “Mariño” en Irún obtivo o Premio ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da cociña galega fóra de Galicia.
Tamén foi recoñecida “Estrella Galicia” como empresa que máis contribuíu á promoción da gastronomía galega. Ademais fallouse unha nova categoría, a de pequeno produtor, que este ano recaeu en Leite O Alle.
O alcalde de Lalín, José Crespo, acompañado do concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez Fernández, presidiu o xurado dos Premios, que contou coa presenza do subdirector do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Luis Sierra Rial.
Tamén estiveron presentes no xurado os representantes das asociacións: “Amigos da Cociña Galega”, José González Solla; “Club Gastronómico Rías Altas”, José Martínez Vidal; asociación gastronómica “Xantares”, Alfredo Castrelo Vázquez; José Luis Iglesias González, membro de Eurotoques, Lareira e Xantares; Miguel A. Campos, presidente da Asociación Nove Grupo Gastronómico e Manuel García do restaurante “A Costiña”, ademais do secretario xeral do Concello, César López Arribas.
A entrega dos XXI de Gastronomía de Galicia, organizados polo Concello de Lalín en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia terá lugar na Gala de Gastronomía de Galicia que se celebrará o venres, 6 de febreiro, no Lalín Arena e que será retransmitida en directo pola TVG.











