publicidade hoxe

Remata o prazo de inscrición para o Campionato de Tute e Parchís en Cervo polo Día da Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

A delegación de Igualdade informou hoxe de que este venres finaliza o prazo de inscrición para o Campionato de Tute e Parchís que convoca todos os anos coincidindo coa conmemoración do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, que o Concello adiantará ao sábado 7.

Neste caso, as partidas xogaranse do 21 de xaneiro ao 27 de febreiro na Casa do Mar. Para poder participar é necesario apuntarse por parellas, e para iso poden acudir á Casa do Mar (de 9:30 a 14 h.) ata o día 16, ou tamén chamar ao teléfono 691 65 66 00. Os trofeos entregaranse o día 7 de marzo, no acto central polo Día da Muller Traballadora. A delegación de Igualdade agarda que nesta edición o campionato teña boa aceptación, ao igual que o ano pasado, cando competiron unhas 20 mulleres.

Esta é unha das actividades que prepara o Concello para ese día, que ao mesmo tempo segue traballando na programación completa, que se coñecerá a finais de febreiro. A edil de Igualdade, Pilar Armada, asegura que “todos os anos celebramos diferentes actos simbólicos para seguir poñendo o foco de atención na loita contra a discriminación e na consecución dunha igualdade real entre homes e mulleres”.

14 de xaneiro de 2015 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.