Relato oral e ilustracións en directo no espectáculo dos Fexteiros para este domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Tras o éxito do espectáculo inaugural da semana pasada, o programa Fexteiros da Concellería de Xuventude regresa este domingo ao pavillón de Fexdega para entreter e divertir aos máis pequenos da casa. Nesta ocasión será cunha actividade que combina a técnica do contaconto oral coa ilustración en directo que correrá da man do colectivo Polo Correo do Vento.

“O Galo Manolo e a Pita Agapita” é o título da historia que O relator Enrique Mauricio contará aos nenos, á vez que Carlos Taboada irá ilustrando a historia nun panel de grandes dimensións que o público asistente contribuirá a colorear ao final do espectáculo.

“Rolda de prensa” e obradoiro de ilustración
Unha vez rematado o conto, os cativos protagonizarán unha “rolda de prensa” guiada polos autores mediante a cal interaccionarán co conto e o debuxo. E despois participarán nun obradoiro de ilustración no que cada nenos poderá debuxar un dos personaxes do conto.

A segunda actividade dos Fexteiros celebrarase no recibidor de Fexdega o domingo a partir das seis da tarde. A entrada é libre e de balde.

23 de xaneiro de 2015 | 11:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.