Regresa a Marín o “Serán”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

A Asociación Pousos da Area, volta organizar, coa colaboración do Concello de Marín o II Serán .

Despois do éxito do ano pasado, no que mais de 15 grupos acudiron o Serán, e no que cerca de 200 persoas pasaron polo multiusos para deleitarse desta recuperada tradición, este ano volverá a ter lugar o próximo 24 de xaneiro, a partir das 21:30h, no que se repartirá orella, chocolate e rosca para todos os asistentes.

Como comentaba a Concelleira de Cultura, é de agradecer que as asociacións culturais de Marín recuperen tradicións como o Serán de música tradiconal, que eran reunións que facían os veciños “polo serán”, despois de traballar, e de alí quedoulle o nome.

O Concello mostrase encantado de apoiar economicamente estes eventos para que os xóvenes coñezan estas tradicións que fóronse perdendo no tempo e que desde o Concello tentase recuperar coa colaboración das Asociacións Culturais do noso Pobo.

16 de xaneiro de 2015 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.