Protección Civil de Poio realizou preto de 1.000 intervencións no pasado 2014
No ano 2014 a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Poio, que consta de 23 voluntarios e cubre unha superficie duns 34 quilómetros cadrados e 15.853 habitantes, realizou un total de 963 intervencións.
Neste ano, o Plan do Sapraga cubriu un total de 509 intervencións:
-Na praia de Cabeceira, un total de 99 intervencións.
-Na praia de Raxó, un total de 2 intervencións.
-Na praia de Xiorto, un total de 408 intervencións.
Mentres os voluntarios tiveron un total de 430 intervencións, divididas en:
-Animais feridos ou mortos: 98
-Intervencións en accidentes: 147
-Intervencións en anegamentos: 28
-Intervencións en incendios (urb. ou forest.): 15
-Intervencións en verquidos, derrames ou escapes: 10
-Intervencións varias: 71
-Operativos de protección civil: 82
-Sanitarios: 3











