Prazas libres na Escola para pais e nais de Oleiros que comeza este mes
O Concello de Oleiros informa de que aínda se atopa aberto o prazo para inscribirse na nova edición de Escolas de Pais e Nais que comeza este mes e que está incluída no Programa municipal de educación para a saúde e prevención de adiccións posto en marcha pola Concellería de Ensino e Xuventude. Todas as persoas interesadas terían que inscribir no Centro de Información Xuvenil, A Fábrica, chamando ao 981636598 ou ben c.xuventude@oleiros.org.
O obxectivo fundamental desta actividade é orientar as familias na educación dos seus fillos e fillas. Este servizo de asesoramento orienta en temas tan complexos como son as distintas etapas dos rapaces e rapazas, a transmisión de valores ou as normas e límites. As dúas escolas terán lugar no Centro Municipal de Formación en horario de 19 a 21 horas ata finais do próximo maio.











