Pontevedra despediu 2014 cunha espectacular San Silvestre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+
Podio da San Silvestre

Podio da San Silvestre

Ano tras a ano a carreira pedestre popular San Silvestre de Pontevedra, continúa asombrando aos organizadores, a Sociedade Ximnástica de Pontevedra e o Instituto Municipal de Deportes. Se a trixésima edición contou con tres mil participantes; cando se pechou a inscrición vía web, xa había apuntados 1.500 máis e segundo o reconto da Policía Local, saíron a correr 5.000 entusiastas, aínda que oficialmente foron 3.757 os números entregados.

O bo tempo acompañou, o ambiento foise caldeando minutos antes da saída co baile da Zumba e os corredores ocupaban case a metade da Avenida de Monteiro Rios, uns 1.500 metros cadrados.

Xente de todas as idades correron os 3.900 metros do percorrido nunha marea humana interminable, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores deu a saída, acompañado do Concelleiro de Deportes Tino Fernández.

Como sempre Víctor Riobó levouse a vitoria, no seu undécimo triunfo na San Silvestre; en categoría feminina Leticia Fernández conseguiu o seu terceiro triunfo consecutivo e houbo entrega de premio aos mellores disfraces.

Na meta os voluntarios da Ximnástica entregaron aos corredores que puideron o comprimido de turrón doado por Supermercados Froiz e Coca Cola proporcionou máis de 4.000 botellos de Aquanova e Powerade.

Agora toca preparar a trixésima segunda edición e recordar que en decembro se abrirá de novo na web sgpontevedra.com, a inscrición á carreira, que se pechará o domingo 27 de decembro ás 22:00 horas, non o deixar pasar para ter o teu número.

1 de xaneiro de 2015 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.