Permanece aberto o prazo para apuntarse á actividade “Olladas fotográficas entorno ao espazo habilitado”
O obradoiro de fotografía “Olladas fotográficas entorno ao espazo habitado” terá lugar o vindeiro sábado, día 31, no Centro Cultural Torrente Ballester. Esta actividade didáctica, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, está dirixida a menores entre 7 e 10 anos, e se desenvolverá entre as 11:15 e as 13:15 horas. O límite de prazas é de 12 menores polo que os interesados en participar deberán anotarse enviando o formulario de inscrición ao corre electrónico: info@centrotorrenteballester.com.
“Olladas fotográficas entorno ao espazo habitado” comezará cunha visita guiada polo Torrente Ballester na que se proporcionarán as claves para entender de forma sinxela os diferentes usos do método fotográfico. Unha serie de exemplos ensinarán aos nenos e nenas participantes a entender os límites entre a imaxe pública e privada, a nosa relación co espazo e a capacidade que ten a fotografía de captalo. A continuación, os menores realizarán unha “gincana fotográfica” a partir dunha serie de probas nas que os pequenos serán os protagonistas.
Ademais, ao remate do taller se lles entregará uns cadernos didácticos que servirán de guía á hora de plantearse como hacer unha fotografías, utilizando exemplos dos vistos na exposición. Os obxectivos deste taller didáctico sobre fotografía permitirán que os pequenos entendan as diferenzas entre espazo público e privado, os modos de representación do espazo en fotografía, a utilización da fotografía como ferramenta para expresar ideas e sentimentos así como tomar consciencia da importancia dos planos e a selección de elementos dunha imaxe.











