Pasa a disposición xudicial o home que retivo e abusou sexualmente da súa parella e a súa filla menor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

Un cidadán colombiano de 57 anos acusado de abusar sexualmente e reter contra a súa vontade a súa parella e a súa filla menor de idade foi posto este xoves a disposición do Xulgado de Violencia contra a Muller de Vigo.

Tal e como comunicaron fontes do Corpo Nacional de Policía, o home foi conducido aos xulgados pouco despois das 10,30 horas, onde está previsto que se lle tome declaración ás vítimas e ao varón.

As mesmas fontes indicaron que a detención do home se produciu na madrugada do martes. En concreto, impútanselle os delitos de quebrantamiento de condena, agresión sexual e detención ilegal da súa parella e a súa filla, que é menor de idade.

Así, segundo a Policía Nacional, o Servizo de Asistencia á Familia procedeu a deter o home ao coñecer que este mesmo luns supostamente retivo nunha vivenda da praza Eugenio Fadrique ás dúas mulleres, das que abusou sexualmente.

22 de xaneiro de 2015 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.