publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os xóvenes de Carral gozarán un ano máis da pista de xeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

Con esta viaxe o Concello de Carral quere fomentar a práctica deportiva na poboación máis nova, vinculándoa como sempre ao terreo do ocio e da saúde. Tamén potenciamos a patinaxe artística, unha das disciplinas deportivas que máis está a despuntar nos últimos anos no municipio.

O departamento de deportes dispoñerá 50 prazas para todos aqueles maiores de 4 anos que lles guste a patinaxe. O prezo da viaxe é de 8 €, que inclúen o transporte con monitores (tamén dentro da pista de xeo) a entrada á pista de xeo e o aluguer dos patíns.

A excursión comezará o sábado 17 de xaneiro arredor das 10.20 h, momento no que a expedición partirá cara ao complexo comercial. Sobre as 11.00 comezará a xornada de patinaxe na que algúns dos máis expertos patinadores poderán lucirse facendo verdadeiras acrobacias sobre os patíns.

Para todos aqueles interesados en acudir a esta viaxe ou desexen obter máis información, poden dirixirse ao departamento municipal de Deportes na Casa da Cultura, ou no tlfo. 981672580 ou ao correo electrónico deportes@concellocarral.com.

14 de xaneiro de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.