publicidade hoxe

Os veciños de Neda entregaron en decembro 436 quilos de roupa nos colectores de reciclaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Durante o pasado mes de decembro, a veciñanza de Neda entregou para a súa reciclaxe ata 436 quilos de roupa usada nos colectores de reciclaxe ubicados polo Concello no centro urbano. A concelleira de Facenda e Patrimonio, Montse Rico, lembrou que este mobiliario urbano, instalado hai dous anos, está ubicado no entorno do centro de saúde e nas inmediacións do colexio San Isidro, dúas zonas de gran afluencia diaria de persoas.

Cada un ten capacidade para uns 200 quilogramos e os días de recollida son martes e xoves. Nesta liña, Montse Rico anima á veciñanza a empregar os contenedores e, en caso de calquer dúbida ou incidencia, lembra que a cidadanía ten á súa disposición o número 687 409 667. A empresa encargada da recollida está obrigada a subsanala no prazo máximo de 24 horas.

A roupa usada trasládase a unha nave de almacenaxe en Lugo e, con posterioridade, sométese a un proceso de valorización. Transfórmase en trapos de limpeza, recheos para colchóns, sofás, asentos de vehículos… Dándoselle un novo uso. Por último, a concelleira explicou que, amáis de favorecer a reciclaxe, a instalación dos contenedores reporta un ingreso para as arcas locais. En concreto, 180 euros anuais por cada contenedor, 360 en total.

13 de xaneiro de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.