Os traballos na rotonda de Coia continúan mentres os opositores ao ‘Bernardo Alfageme’ afirman que seguirán resistindo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Europa Press

O Concello de Vigo continuou este luns os traballos previos de acondicionamento da rotonda da Avenida de Castelao, no barrio de Coia, onde pretende instalar o pesqueiro ‘Bernardo Alfageme’, segundo confirmaron fontes municipais.

As obras permanecían paralizadas dende o pasado mes de decembro por un grupo de veciños de Vigo agrupado baixo a denominación de Asemblea Aberta de Coia, que se opón á colocación do buque nesta rotonda e pide que a inversión que o Goberno vigués vai destinar a este fin se asigne a servizos sociais.

En declaracións, o membro da Asemblea Aberta de Coia Emilio Suárez, confirmou que sobre “as 11,00 ou 12,00 da noite -deste luns- chegaron traballadores e un retén de 50 policías” á rotonda. “Con nocturnidade e aleivosía reiniciaron as obras”, criticou.

Así as cousas, indicou que na mañá deste luns continúan os traballos e os veciños se volveron congregar nas inmediacións da glorieta, onde se atopan “rodeados totalmente de policías”. Por iso, ás 19,00 horas desta tarde celebrarán unha nova asemblea na Parroquia do Cristo da Victoria na que tomarán “decisións” sobre futuras accións.

En todo caso, Suárez asegurou que os veciños teñen varias propostas e “non -van- a parar”. “Imos seguir resistindo, 40 días loitando non van quedar en balde”, asegurou antes de reiterar a súa petición de que o gasto de instalación do barco se destine a fins sociais.

12 de xaneiro de 2015 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.