publicidade hoxe

Os técnicos da Consellería do Mar estudan a viabilidade das reformas na lonxa de Aldán, en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocal Portada
A-
A+

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, reuniuse esta mañá co patrón maior da confraría de pescadores de Aldán, Juan Manuel Gregorio, e co alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, para coñecer o estado do edificio da lonxa de Aldán, en Cangas.

Durante a xuntanza, na que o patrón maior trasladou as necesidades que ten o edificio, a directora xeral comprometeuse a estudar a viabilidade de acometer reformas na lonxa. Para iso, nas vindeiras semanas, técnicos da Consellería desprazaranse ata o edificio para comprobar o seu estado.

Se ben o patrón maior informou á directora xeral de que o patio de poxas é suficiente e non necesita ampliación de superficie, si sería necesario, segundo comunicou á directora, acometer obras na parte interna do edificio da lonxa para illalo. Tamén lle trasladou a necesidade de distribuír o espazo para as oficinas, de adecuar a aula de formación e de deseñar os circuítos para adaptalos aos requirimentos de sanidade e dotar ao edificio de eficiencia enerxética. Ademais o patrón maior tamén puxo en coñecemento da directora a necesidade de instalar na lonxa unha cámara de conxelado.

19 de xaneiro de 2015 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.