Os subscritores do Rio Natura Monbus Obradoiro terán o seu desconto en SBC Gasolineras
SBC Gasolineras é un dos membros do Club de Empresas Obradoiro que decidiu crear un desconto especial para os subscritores do Rio Natura Monbus Obradoiro, debido ao seu convenio de colaboración co club.
Os subscritores do equipo poderán solicitar a súa tarxeta de fidelización SBC Gasolineiras, coa que gozarán dun desconto de 0.03 € en cada litro de combustible da categoría Goa+ ou Gna95, respecto ao prezo que figure anunciado no expendedor destes. Ademais, a tarxeta da firma ofrece outras vantaxes como controlar o consumo dunha forma cómoda e rápida.
As tres estacións de servizo da marca, situadas en puntos clave de Galicia como son o Polígono industrial da Grela (A Coruña), o Polígono industrial de Xaras (Riveira) e a rúa santiaguesa Cruceiro da Coruña, xorden coa finalidade de reducir os custos na manipulación e servizo de hidrocarburos, aplicando as últimas tecnoloxías en surtidores automatizados, se ben dispoñen igualmente de atención persoal.











