Os rapaces da Ximnástica gañan por terceiro ano consecutivo a Copa de Galicia

A Ximnástica tras gañar a Copa Galicia
No cómputo xeral da Copa de Galicia de pista cuberta, a Sociedade Ximnástica foi o mellor Club, grazas á vitoria do seu equipo masculino, con 78 puntos, por 72 do Celta de Vigo e 60 do Coruña Comarca e ao terceiro posto do podio das mulleres, con 61 puntos, gañando o campionato o Ría Ferrol con 74,5 puntos e foi segundo o Feminino Celta con 67,5 puntos.
Os rapaces conseguen o triunfo por terceiro ano consecutivo. A destacar as vitorias parciais de Víctor Gallego no lanzamento de peso, Manuel Molinos no salto de altura, Santi Ferrer Alonso no salto con pértega e Darío Costas nos 50 metros lisos.
As rapazas, despois de varios anos sen poder conseguir un posto de honra, ao final chegou a recompensa a un traballo ben feito dende o comezo da tempada, cun magnifico terceiro posto do equipo pontevedrés e iso que estivo a pelexar durante boa parte da competición moi preto do primeiro posto. Non se conseguiron vitorias parciais, pero si 5 segundos postos, que axudaron moito a afianzar o podio.
Con estes resultados a Ximnástica pecha un fin de semana magnífico xa que o sábado os seus equipos infantil masculino e alevín feminina, conseguiron a vitoria na Liga Galega Escolar-Federada, aínda que ao principio se anunciaran o segundo posto do equipo alevín unha posterior revisión dos resultados deron a vitoria ás alevinas da Ximnástica.











