Os Ingleses viaxan a Lugo para enfrontarse ao Muralla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os Ingleses viaxan a Lugo para enfrontarse ao Muralla, equipo que ocupa a 5ª posición e esta loitando por unha das prazas que dan dereito a xogar o Play-off. Os lucenses son un equipo aguerrido, moi veterano e cunha dianteira moi grande na que centran o seu xogo, se ben se uniron á moda de importar xogadores neozelandeses e recentemente ficharon ao centro Will Mckay o que equilibra máis ao equipo.

Os Ingleses intentarán repetir a vitoria da primeira volta, partido no que venceron por un claro 29-10, non obstante a incerteza dos xogadores que poida alienar David Losada failles ser cautos.

As ausencias xa confirmadas dos 3/4 Cachopo, Bosníaco, Alejo, Suso e Chester unidas ás dúbidas de Sherman e Pintos van obrigar varios xogadores a cambiar as súas posicións habituais e saír cun equipo inédito en liña. A dianteira tamén ten algunhas baixas considerables como as de Diego, Tiago e Dorro pero o amplo equipo vilagarcián permitirá cubrir estas sen que o equipo o note en exceso.

Virginia Padín fichou polo CRAT da Coruña de División de Honor

A nova xogadora dos ingleses Virginia Padín fichou polo CRAT da Coruña de División de Honor sendo titular no seu primeiro encontro, no que ademais as herculinas derrotaron con contundencia ao Majalahonda. Virxinia, que acaba de cumprir os 18 anos, segue progresando no seu xogo. A imposibilidade de que esta tempada puidese competir co equipo feminino de Vilagarcia e aconsellada polos seus adestradores fíxolle tomar a decisión de dar o salto á máxima categoría do rugby nacional e faino nada máis nin menos que co subcampión da tempada pasada e no que varias xogadores son habituais da selección española. Dende o club desexámoslle toda a sorte do mundo.

22 de xaneiro de 2015 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.