Os empresarios de Ferrolterra e a Mutua Galega organizan unha xornada informativa sobre a Lei de Mutuas
En colaboración con Mutua Galega, a A.E.F. organiza unha xornada para dar a coñecer as principais novidades lexislativas introducidas pola Lei 35/2014, de 26 de decembro, no funcionamento das Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, e como afectan á relación cos empresarios.
A Asociación considerou interesante dar a coñecer as novidades introducidas pola citada lei, dende o punto de vista do seu réxime xurídico interno e dos cambios que se producen en diferentes aspectos relacionados coa prestación por IT.
A xornada terá lugar o 15 de xaneiro, a partir das 18:30 horas na sede da Asociación de Empresarios Ferrolterra, para asistir é necesario realizar inscrición no 981 333 305 ou en info@empresarios-ferrolterra.org.
A relatora será Eva Monteoliva Díaz, pertence a Mutua Galega dende o ano 1991, ocupando actualmente o posto de Directora de Prestacións Económicas de Mutua Galega. É Licenciada en dereito pola Universidade Pontificia de Comiñas.
A presentación da xornada correrá a cargo de Ángel García Santalices, Delegado de zona A Coruña – Ferrol de Mutua Gallega e de José Ramón Franco Caaveiro, presidente da Asociación.











