Os deportistas galegos estarán presentes esta fin de semana no Open de Grecia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Once taekwondistas galegos participarán esta fin de semana no Open Internacional de Grecia, torneo G-!, puntuábel para o ránking mundial. O torneo reúne a máis de 1.400 deportistas das categorías cadete, júnior e sénior. A selección galega esta formada por Sara Cortegoso, Katia Calvar, Lúa Piñeiro, Laura Dosil, Sabela López, Miryam García, Borja Ríos, Xián Silva, Javier González, Adrián Jiménez y José Fernández. O equipo, dirixido por Modesto González e Jesús Benito, tentará lograr os mellores resultados posibles, fronte a rivais de gran calidade deportiva. A competición cadete celebrarase o venres 16, mentres que os sénior competirán o sábado e os júnior o domingo 18.

15 de xaneiro de 2015 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.