publicidade hoxe

Os colectivos de Muimenta denuncian a situación do centro médico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A diferentes membros de varios colectivos culturais e veciñais de Muimenta, diferentes pacientes que levan acudindo estos días a súa consulta do Centro de Saúde da localidade, mostraron a súa sorpresa xa que nas últimas semanas tanto a enfermeira como a médica están de baixa e o horario de consulta viuse reducido, solo sendo antendidos os pacientes en horario habitual, 5 días dentro das últimas 6 semanas.

Para a súa comprobación, solicitouse cita, para reafirmar ditas queixas, e confirmaron que, os horarios de atención son reducidos.

Nesta ocasión, ao igual que en decembro do 2.013 e agosto do 2.014, non puñeron un “planing” na porta do centro de saude cos horarios, como si fexeran no mes de agosto do 2.012.

Lembramos que os problemas co centro de saúde remóntanse aos días 7, 8 e 9 de marzo do 2.012 o Centro de Saude de Muimenta, xa que permaneceu pechado debido á baixa do médico titular da praza xa que o Sergas (a través da Xerencia de Atención Primaria de Lugo), non enviou sanitario sustituto para cubrir a praza e atender desa maneira, aos demandantes do servizo, polo cal os usuarios do centro (vecinos e veciñas de Muimenta, Outeiro, Bazar, Villarente, Corbelle, A Graña, etc), se movilizaron e despois das reunións que se celebraban á noite no local social da primeira pranta do Centro Médico (o cal foi construido polo vecindario a mediados da década dos oitenta, co seu traballo, esforzo e aportacións económicas), acudiron a interponer reclamación o xoves 8 de marzo ao centro de Saude de Feira do Monte e a unha manifestación, (o venres 9), e posterior reunión cos responsables de Atención Primaria na provincia, entre eles a súa Xefa e varios dos colectivos veciñais de Muimenta, comprometéndose a enviar un médico o luns día 12 (cousa que si ocurriu) e que a situación non volvería a ocurrir.

Os colectivos transmiten a preocupación dos usuarios a que sexa un paso previo á supresión das prazas de Médico e ATS, e que se confirme como unha medida máis dentro dos axustes. Lémbrase que a sanidade é un dos dereitos básicos da cidadanía e unha necesidade elemental a cubrir por parte da Administración, que distribúe os impostos que recaudan dos cidadáns, e e a terceira vez en pouco más de ano e medio que se producen incidencias, consideradas graves ou prolongadas, no último ano e medio.

23 de xaneiro de 2015 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.