publicidade hoxe

Os cidadáns xa poden acceder á sede electrónica do Concello de Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do Son
A-
A+

A través da páxina web do Concello de Porto do Son, ponse a disposición dos cidadáns un novo servicio, que é a sede electrónica do concello.

Na era da tecnoloxía, onde cada vez máis os cidadans nos vamos sumando ós beneficios e comodidade que nos reportan as novas tecnoloxías e polo tanto a administración debe adaptarse neste sentido ás demandas e necesidades da cidadanía. O principal obxectivo que persegue este servicio é, en primeiro lugar, acercar a administración ó interesado e facela máis accesible, e en segundo lugar, facilitar a todas aquelas persoas que necesiten realizar calquera tipo de trámite no concello que o poidan facer comodamente e de forma inmediata (desde os seus domicilios, a calquera hora e sen esperar colas), pero tamén coa total seguridade de que están empregando un mecanismo de comunicación telemática totalmente seguro entre o cidadán e o concello.

Este servicio ponse a disposición gracias á colaboración da Deputación Provincial da Coruña e a través del e mediante a identificación con DNI electrónico ou certificado dixital, o usuario poderá realizar múltiples trámites como:

– Presentación por vía electrónica de docomentos no rexistro xeral do Concello

– Presentación de solicitudes e instancias

– Acceder á publicación oficial de anuncios e acordos do Concello

– Presentar queixas e suxerencias.

A creación desta sede electrónica é importante, pero só é o primeiro paso para facer accesibles por vía electrónica tódolos servicios e procedementos municipais. Deste xeito, dende o Concello xa estan traballando na implantación de máis medidas neste sentido como:

– A posta en marcha dunha pasarela de pago seguro que permita o pago telemático de impostos e taxas.

– A implantación dunha aplicación para a xestión electrónica de expedientes que permita a plena sustitución do papel nos procedementos administrativos.

– O establecemento de mecanismos de comunicación segura para que os interesados poidan acceder aos seus expedientes telemáticamente.

A sede electrónica do Concello de Porto do Son vai mudar radicalmente e para ben o xeito no que os veciños van poder relacionarse co seu Concello. Agora, os veciños, ademais de dispor dos servizos presenciais na Casa do Concello, poederán realizar trámites e xestións de xeito seguro e con validez oficial cómodamente, sen necesidade de desprazarse, e prácticamente dende calquera lugar do mundo.

23 de xaneiro de 2015 | 11:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.