Os cambios previstos no centro de extensión da tdt de Caión realizaranse o martes
En cumprimento do proceso de liberación do Dividendo Dixital, a Xunta de Galicia realizará o martes da próxima semana (14 de xaneiro) os cambios necesarios no centro de extensión de cobertura do sinal de TDT de Caión.
O proceso consiste no apagado neste centro das frecuencias de emisión actuais e acendido nas novas frecuencias asignadas. Deste xeito os beneficiarios poderán continuar disfrutando das canles da TDT, que se distribuirán da seguinte forma:
Canle 22 (RGE): TVE1, TVE2, Clan, 24h e TVE1HD
Canle 28 (MPE3): T5, Cuatro, FDF, Divinity, T5HD, CuatroHD
Canle 35 (MPE1): Disney Channel, Paramount Channel, Discovery Max, 13TV
Canle 38 (MPE2): A3, La Sexta, Neox, Nova, A3HD, La Sexta HD
Canle 42 (RGE2): TVEHD, TDP (Teledeporte), TDPHD
Canle 58 (MUX AUTONOMICO): TVG, G2, VTelevision.
Os usuarios que dispoñan da cobertura axeitada deste centro deberán realizar unha nova busca de canles no seu receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.











