Os amigos da Vía Prata percorrerán o Camiño de Inverno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago de Ourense comeza o ano organizando novas andainas. Neste caso, a programación de 2015 iníciase co percorrido do Camiño de Inverno Ponferrada – Santiago. Trátase de 9 etapas de que se efectuarán en dous tramos ou fases. A primeira delas levarase a cabo dende Monforte de Lemos a Laxe (4 etapas), lugar no que o Camiño de Inverno enlaza co da Vía da Prata – Camiño Mozárabe e continúa por este 2 etapas máis ata Santiago. Para o segundo tramo ou fase, os camiñantes trasladaranse ata Ponferrada para empezar dende alí ata Monforte de Lemos, cubrindo outras 4 etapas.

O próximo sábado, 24 de xaneiro, os amigos da Vía Prata realizarán a primeira fase deste percorrido, con saída en Monforte de Lemos – Cirdeiro – Belesar, efectuándose as seguintes saídas cada 15 días. A Asociación quere abrir a participación nestas actividades a todas as persoas que estean interesadas, aínda que non formen parte desta. Para obter máis información poden chamar ao teléfono 988 391 110.

21 de xaneiro de 2015 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.