Operarios municipais talan en altura dúas perigosas árbores no cemiterio de Carril
O departamento de Medio Ambiente procedeu esta semana á retirada de dúas árbores de gran tamaño situadas a carón do cemiterio de Carril que corrían grave risco de desplomarse sobre a zona de nichos. A imposibilidade de acceder cun camión grúa á zona, fixo necesario que a tala se realizara manualmente para p cal se recorreu aos dous operarios municipais formados para trepar ás árbores e ir cortando copa e tronco de arriba a abaixo.
As árbores taladas foron un eucalipto e un piñeiro de grandes dimensións que presentaban elevado risco de desprendemento de ramas e mesmo de caer enteiros, como xa aconteceu hai un tempo con outro exemplar.
O camión grúa co que se soen realizar as labores de lata el altura, cun operario subido á cesta; non se puido utilizar por non poder acceder ata o lugar debido a súa envergadura e ao angosto do camiño. Por iso, os traballos tiveron que facerse trepando ata as copas das árbores. Foron dous operarios do servizo de Medio Ambiente que o ano pasado asistiron a un curso de formación especializada nestas técnicas os que realizaron os traballos. Para elo contaron co material de seguridade adquirido especificamente para as tarefas de trepado e tala sobre a propia árbore.
Dende arriba e por fases, os operarios foron cortando primeiro as ramas das copas e logo os troncos, ata reducir estes a unha altura mínima que xa permitiu a tala pola base das árbores e dende terra.
O concelleiro de Medio Ambiente, salientou a dificultade dos traballos realizados e a pericia dos traballadores que puxeron en práctica o aprendido no curso de formación ao que asistiron para ampliar as posibilidades de actuación do servizo de Medio Ambiente con total garantía de seguridade e sen ter que recorrer á contratación dos traballos a empresas externas.











