publicidade hoxe

Oleiros destaca a necesidade de diferenciar a cooperación dos servizos de recollida de roupa e calzado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, advertiu esta mañá durante unha comparecencia nun programa de radio do erro que supón confundir as campañas de cooperación e as liñas de traballo das administracións públicas neste sentido cos servizos de recolleita de roupa e calzado usado con fins «solidarios». A recolleita de téxtil supón unha fonte de financiamento para fundacións, empresas e asociacións que en ocasións están relacionadas co traballo social, pero non supón en si mesmo un traballo social, xa que en moitos casos este material recollido nunca é utilizado por xente necesitada, senón que é vendido novamente. De feito o municipio conta con dous contedores instalados para este fin en Perillo y Nós, ademais de varios lugares de depósito de varias ongs en establecementos privados nas distintas localidades do concello.

Neste sentido e como contrapunto a este sistema de financiamento de empresas e colectivos, o rexedor recordou o traballo levado a cabo polo Concello de Oleiros quen colaborou recentemente co Salvador realizando o envío de máis de 4.000 pares de zapatos novos e diverso material téxtil a Ciudad Delgado. Esta campaña realizouse grazas á colaboración dun empresario coruñés e o Club dos Leóns de Coruña. O Concello de Oleiros conta cunha ampla experiencia na cooperación tanto internacional como a nivel nacional e local coa execución de campañas de distinta índole.

7 de xaneiro de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.