Oferta de emprego público do Concello de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Economía, Facenda e Recursos Humanos do Concello de Ferrol, que dirixe Alejandro Langtry Caínzos, informa de que o   Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) de hoxe publica o anuncio de Oferta de Emprego Público para o presente exercicio de 2015. Esta oferta céntrase na promoción interna e a relación de postos que contempla é a seguinte:

– 2 Técnicos/as de Grupo A2.

– 5 Administivos/aa de Grupo C1.

– 1 Técnico/a recadación de Grupo A1.

– 5 Cabos Bombeiros de Grupo C2.

Esta convocatoria que recolle o BOP é consecuencia do acordo alcanzado o pasado mes de outubro na Mesa de Negociación coas centrais sindicais con presenza na Administración ferrolá; e se trata do maior proceso de promoción interna en décadas no Concello.

20 de xaneiro de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.