Ofeitoaman en Vigo consolídase como cita de referencia da artesanía de Galicia no Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Sol Vázquez na visita a Ofeitoaman

Sol Vázquez na visita a Ofeitoaman

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, salientou hoxe en Vigo na súa visita á feira de artesanía Ofeitoaman, coa que a Consellería de Economía e Industria colabora un ano máis polo seu papel na promoción e comercialización da artesanía galega, que este encontro se ten consolidado como cita de referencia da Artesanía de Galicia no Nadal.

O evento que hoxe remata, organizado pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), acolleu unha ampla mostra de artigos de produción artesá de 20 obradoiros artesáns, procedentes de toda Galicia e Portugal, e de actividades tan variadas como a xoiería, o traballo do coiro, a fabricación de calzado, os complementos, o téxtil ou a cerámica.

Tal e como salientou Vázquez Abeal, acompañada pola xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, e o presidente de AGA, Manuel González, o apoio a este tipo de feiras permite avanzar no fortalecemento da comercialización do produto artesán galego, unha das liñas de acción contempladas no primeiro Plan de Artesanía de Galicia, posto en marcha pola Xunta co obxectivo de conseguir un sector artesán sólido e sostible no tempo e que contribúa ao crecemento da economía galega, incidindo na competitividade empresarial e a potenciación do talento galego.

5 de xaneiro de 2015 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.