O xurado do Cidade de Pontevedra decidirá o martes sobre os seis candidatos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O xurado cualificador dos premios Cidade de Pontevedra 2014 reunirase o vindeiro martes, ás 13.00 horas na sala de comisións do Concello.

Ademais das candidaturas xa coñecidas, inclúese a do Cine Club Pontevedra que foi presentada en prazo, no Rexistro na Subdelegación do Goberno. Con esta última inclusión, as propostas son as seguintes:

• Modalidade de persoa física:

o Adrián Esperón Vidal, a proposta do Casino Mercantil e Industrial

o Jaime Bernardo Blanco Dios, a proposta da Asociación Andarís do Val do Lérez e conta con seguintes apoios:

– AA.VV. Eduardo Pondal

– AA.VV. O Castro-Mourente

– Asociación Sociocutural Cedofeita

– Comunidade de Montes de Lourizán

– CEIP San Benito de Lérez

– AA.VV. San Roque

– Club de Taekwondo Mace Sport

o Antón Sobral Iglesias, a proposta da Asociación cultural Ateneo de Pontevedra

• Modalidade de persoa xurídica:

o Asociación Cristóbal Colón Galega “Celso García de la Riega” a proposta do Centro Comercial Urbano “Zona Monumental”.

o Asociación Amigos de la Pontevedrada, a proposta deles mesmos

o Cine Club Pontevedra, a proposta da Asociación Cultural Xen.

9 de xaneiro de 2015 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.