O Torrente Ballester acollerá o obradoiro didáctico e infantil “Olladas fotográficas entorno ao espazo habitado”
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza un taller didáctico para nenos e nenas entre 7 e 10 anos, que leva por nome “Olladas fotográficas entorno ao espazo habitado”. Os interesados poderán apuntarse a partir do vindeiro luns, día 26, enviando o formulario de inscribición ao correo electrónico a: info@centrotorrenteballester.com. O límite de prazas é de 12 menores.
“Olladas fotográficas entorno ao espazo habitado” terá lugar o día 31 de xaneiro, entre as 11:15 e as 13:15 horas, no Centro Cultural Torrente Ballester. Esta proposta didáctica comezará cunha visita guiada polo Torrente Ballester na que se proporcionarán as claves para entender de forma sinxela os diferentes usos do método fotográfico. Unha serie de exemplos ensinarán aos nenos e nenas participantes a entender os límites entre a imaxe pública e privada, a nosa relación co espazo e a capacidade que ten a fotografía de captalo. A continuación, os menores realizarán unha “gincana fotográfica” a partir dunha serie de probas nas que os pequenos serán os protagonistas. Ademais, ao remate do taller se lles entregará uns cadernos didácticos que servirán de guía á hora de plantearse como hacer unha fotografías, utilizando exemplos dos vistos na exposición.











