O torneo do Panxón Nigrán Fútbol Sala recada 180 quilogramos de alimentos e 140 xoguetes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesNigrán
A-
A+
Equipos participantes

Equipos participantes

O I Torneo do Panxón Nigrán Fútbol sala, organizado polo club de recente creación en colaboración co Concello de Nigrán e o C.P.I. de Panxón, entre outras entidades patrocinadoras, finalizou na tarde de onte cun éxito rotundo de participación, con máis de 200 nenos e nenas das categorías mini, prebenjamín, benjamín e alevín.

Un éxito que se trasladou tamén ao aspecto benéfico da competición, coa recadación de 180 quilogramos de alimentos e 140 xoguetes a través dunha campaña posta en marcha polo propio club o pasado 20 de decembro. Os alimentos e xoguetes serán repartidos entre as familias con menos recursos do municipio por Cáritas Panxón e polo Departamento de Servizos Sociais do concello.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, agradece a iniciativa do club Panxón Nigrán Fútbol Sala, que pon en valor aspectos fundamentais nunha sociedade, como son o compañeirismo, a deportividade e a solidariedade, e felicita á organización, así como a todas aquelas persoas que, coa súa achega, fixeron do primeiro torneo do club local un rotundo éxito.

5 de xaneiro de 2015 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.