publicidade hoxe

O SIRADELLA mantén o liderado tras a disputa de tres probas na XII Regata Presidente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPorto do Son
A-
A+

Hoxe tocáballe a quenda aos percorridos máis técnicos coa previsión de dous barlovento- sotavento. A proba dous cubriuse cun percorrido de 3, 4 millas náuticas de cinguida, popa e través. O primeiro en completar foi LA RABUDO de Fernándo Gonzalez, o SIRADELLA de César Álvarez a 43 segundos e MEIGAS FORA de Jose Codesido e ORAL GROUP de Pedro Pazos a pouco máis dun minuto.

Ao termo o vento volveuse moi inestable de dirección e houbo que recolocar todo o campo ata dúas veces consecutivas o que provocou certo nerviosismo na frota. Ás 14.35 horas púidose realizar unha nova saída a unha nova proba de 6 millas de duracción con tres cinguidas e dúas popas. Nesta última primeiro foi o SIRADELLA, segundo o MEIGAS FORA a só 9 segundos de diferenza, terceiro LA RABADA UNO a só 11 segundos do primeiro e cuarto o ORAL GROUP a só trece segundos do primeiro. Tremenda igualdade entre todos eles despois dunha proba de máis de 1 hora e 10 minutos de duración. O que demostra o gran nivel da frota.

A xeral a día de hoxe e a falta de dous días de competción está encabezada polo SIRADELLA de César Álvarez con 4 puntos, LA RABUDA UNO de Fernando González con 6 puntos, o MEIGAS FORA de Jose Codesido con 8 puntos,cuarto o ORAL GROUP de Pedro Pazos con 13 puntos e quinto o KANALA de Ignacio Ecenarro con 17 puntos.

A próxima cita será o próximo 7 de febreiro ás 12.00 horas nas inmediacións do Real Club Náutico Portosin.

26 de xaneiro de 2015 | 13:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.