O servizo de adopción do refuxio de animais de Mougá entrega os exemplares aos seus novos donos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O servizo de adopción do refuxio de animais de Mougá entrega os exemplares aos seus novos donos completamente desparasitados e vacinados. As persoas interesadas en adoptar calquera dos animais que se atopan nestas instalacións deben chamar ao número de teléfono móbill: 619 043 347; ou ben consultar a páxina web: www.comarcaferrolterra.es. Hai que sinalar que a identificación de mascotas é obrigatoria sen excepción e que está subvencionada nun 50% no caso de animais adoptados.

Así mesmo, o refuxio de Mougá tamén ven desenvolvendo unha importante labor na denuncia de abandono de animais. Así, as instalacións mancomunadas tramitaron un total de 38 expedientes por abandono durante o pasado ano 2014, dos cales unha vintena remataron coa interposición da correspondente denuncia.

22 de xaneiro de 2015 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.