O Sergas adxudica á empresa COPCISA, S.A. a construción do centro de saúde de Vilarrodís-Arteixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

A Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde vén de adxudicar á empresa COPCISA, S.A. a construción do centro de saúde de Vilarrodís-Arteixo (A Coruña), cofinanciado ao 50% por fondos do Estado, dentro do Plan de desenvolvemento rural sustentable, por un importe de 2,2 millóns de euros e un prazo de execución de 14 meses.

Os espazos máis importantes recollidos no programa funcional do centro son, na área de medicina xeral e enfermería, 7 consultas de medicina xeral, 7 de enfermería, un despacho para o traballador social, un para fisioterapia, un para o coordinador, un ximnasio de fisioterapia, unha sala de extraccións, unha sala de técnicas e outra polivalente. Na área de pediatría haberá dúas consultas, ademais doutra para enfermería pediátrica. A todo o anteriormente sinalado engádese a área de administración, o arquivo, almacéns e outros servizos comúns.

29 de xaneiro de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.