O Sergas adxudica a Corsán-Corviam a construción do centro de saúde en Gondomar por 2,4 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde vén de adxudicar á empresa CORSÁN-CORVIAM, a construción dun centro de saúde en Gondomar, cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder 2007-2013, por un importe de 2,4 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses.

Este novo centro da rede sanitaria pública galega atenderá unha poboación dunhas 10.400 persoas e suporá que tanto os profesionais como os usuarios dispoñan dunha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, dando unha mellor resposta ás necesidades de saúde presentes e futuras dos veciños deste municipio.

O centro contará cun área de medicina xeral con 12 consultas, unha área pediátrica con 2 consultas, 1 consulta de matrona, 1 sala de educación maternal, traballador social, 1 sala de toma de mostras, 1 sala de técnicas, 2 salas polivalentes e resto de espazos de apoio necesarios para o normal funcionamento do centro.

Ademais, terá unha área de administración con almacén e outros servizos comúns. A superficie total do centro será superior a 1.600 m2.

28 de xaneiro de 2015 | 11:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.