O Sergas adxudica a construción do Centro de Saúde en O Couto por 3,2 millóns de euros
A Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde vén de adxudicar á empresa UTE VÍAS PETROLAM, a construción dun centro de saúde en O Couto (Ourense), cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder 2007-2013, por un importe de 3,2 millóns de euros e un prazo de execución de 14 meses.
Segundo o plan de necesidades elaborado pola Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, o futuro centro de saúde de O Couto terá unha poboación de referencia de ao redor de 18.500 usuarios. Esta estimación ten en conta o importante crecemento tanto deste barrio, como das súas zonas limítrofes, como Rabodegalo e Vistafermosa, que quedarían asemade asignadas a este novo centro. O novo centro de saúde sitúase nunha área emerxente de poboación situada no centro urbano de Ourense, cunha importante proxección de crecemento poboacional e que necesita de novos e modernos espazos asistenciais.
Tendo en conta este marco poboacional, o novo centro contará consultas de medicina xeral, enfermería, matrona, farmacia, odontoloxía, fisioterapia, pediatría, traballador social, ademais de área de admisión, arquivos. etc.











